Alternatiba

Alternatiba
Partido político de Euskadi
Historia
Fundación29 de abril de 2009
Posicións políticas
IdeoloxíaSocialismo, internacionalismo, dereito de autodeterminación, vasquismo, soberanismo, anticapitalismo, ecoloxismo, feminismo
Representación
Parlamento Vasco
1 / 75
Congreso dos Deputados
1 / 350
Outros datos
Na rede
alternatiba.net

Alternatiba é un partido político cuxo ámbito de actuación, segundo os seus estatutos, é Euskal Herria.[1]​ Xurdido en 2009 por unha escisión de Ezker Batua-Berdeak, forma parte de Euskal Herria Bildu e foi membro das coalicións electorais Bildu e Amaiur.

Nas eleccións ao Parlamento Vasco de 2012 tres membros de Alternatiba resultaron electos dentro da candidatura de Euskal Herria Bildu; Oskar Matute e Arturo Muñoz foron pola circunscrición de Biscaia e Diana Urrea pola de Guipúscoa.​ Máis tarde, Arritokieta Zulaika (EA) tomaría posesión do acta parlamentaria substituíndo a Arturo Muñoz.

Nas eleccións xerais de España de 2016, Oskar Matute encabezou a lista de EH Bildu ao Congreso por Biscaia, resultando elixido deputado.

  1. Estatutos de Alternatiba: «Art. 3º. Euskal Herria é o ámbito de actuación de Alternatiba. Calquera iniciativa fóra dela enmarcarase no campo da solidariedade internacionalista ou nas relacións de cooperación entre forzas soberanas para actuar no ámbito supranacional.»

Developed by StudentB