Arista Records

Arista Records
Logo
AcrónimoArista
Tiposelo discográfico
Data de fundación1974 e 2018
Fundador(es)Clive Davis
Organización matrizSony Music Entertainment
SedeNova York
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://www.aristarecordings.com
editar datos en Wikidata ]

Arista Records é un selo discográfico estadounidense propiedade de Sony Music, unha subsidiaria de Sony Corporation of America, a división norteamericana do conglomerado xaponés Sony. A discográfica anteriormente pertencía ao grupo Bertelsmann Music Group. Arista foi fundada no ano 1974 por Clive Davis, que traballara antes para Columbia Records. Ata a súa desaparición en 2011 foi unha gran distribuidora e promotora de álbums nos Estados Unidos e no Reino Unido.

No mes de xullo de 2018 Sony resucitou Arista Records con David Massey como presidente.[1] Xunto con Columbia, RCA e Epic, Arista é un dos catro selos principais de Sony.

  1. "Sony Music Relaunches Arista Records With Hitmaker David Massey". Sony Music Entertainment (en inglés). Consultado o 2019-11-16. 

Developed by StudentB