Crina

Crinas do pescozo e cabeza dun cabalo.
Crinas da cola dun cabalo.
O ñu, un mamífero con crinas.

Denomínase crina[1] ao pelo, longo e groso que crece no pescozo de varios mamíferos como, por exemplo, o cabalo. Neste último caso, tamén reciben ese nome os pelos da súa cola.

As crinas poden ser moi ríxidas ou pola contra moi finas e flexíbeis; nos cabalos, o pelo da melena é polo xeral máis suave e curto que o da cola.

Nestes animais a textura da crina pode depender da raza e a crianza do cabalo, incluídas condicións tales como a alimentación ou o clima.

  1. crina Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da Real Academia Galega.

Developed by StudentB