EMOTIVe

eMOTIVe
Álbum de versións de A Perfect Circle
Edición1 de novembro de 2004
Gravación2004
Xénero(s)rock alternativo, metal alternativo
Selo(s)Virgin Records
Producido porBilly Howerdel
Cronoloxía
Thirteenth Step eMOTIVe aMOTION

eMOTIVe é terceiro álbum de estudio da banda de rock A Perfect Circle. Foi editado o 1 de novembro de 2004 (aínda que nos Estados Unidos saíu ao día seguinte) a través do selo Virgin Records para coincidir coas eleccións presidenciais dos Estados Unidos.[1] O disco é principalmente unha colección de versións de cancións anti-bélicas, pero inclúe tamén dúas cancións do grupo.

Publicáronse dous sinxelos para promocionar o álbum; unha versión de "Imagine" de John Lennon, e "Passive", unha canción inédita que procedía do defunto proxecto Tapeworm. O álbum estreouse no número 2 na lista estadounidense Billboard 200, aínda que a banda non realizou unha xira para apoiar o traballo e entrando despois en hiato. Sería o derradeiro álbum de A Perfect Circle ata o Eat the Elephant de 2018.

  1. "eMOTIVe - A Perfect Circle". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-03-31. 

Developed by StudentB