ETOPS

ETOPS é un acrónimo de Extended-range Twin-engine Operation Performance Standards (normas de rendemento operativo de bimotores en voos longos), unha regramentación para permitir aos avións de pasaxeiros de dous motores (como os Airbus A300, A310, A320, A330 e A350, os Boeing 737, 757, 767, 777 e 787, os Embraer E-Jets, e o ATR 72) voar rutas longas que antes estaban fóra do alcance dos bimotores. Hai diferentes niveis de certificacións ETOPS, cada unha delas permitíndolle voar aos avións rutas que están a unha certa cantidade de distancia de voo dun aeroporto axeitado voando cun só motor. Por exemplo, se un modelo está certificado para 180 minutos, estalle permitido voar calquera ruta que non estea a máis de 180 minutos dun aeroporto voando cun único motor. As operacións ETOPS non teñen unha correlación directa coa auga ou a distancia sobre a auga. Refírese a tempos de voo entre aeroportos alternativos, independentemente de se eses aeroportos están separados por auga ou terra.


Developed by StudentB