Ennistymon (en irlandés: Inis Díomáin[1]), tamén escrito Ennistimon,[1] é unha vila do condado de Clare que se atopa preto da costaoeste de Irlanda. En 2016 tiña unha poboación de 1 045 habitantes. Trátase dun popular destino turístico sendo famosas as fervenzas do río Inagh, que atravesa a localidade. Unha ponte que salva o río conduce á veciña Lahinch pola estrada secundaria N67, mentres que a N85 conecta con Ennis. A área foi oficialmente parte do Gaeltacht do oeste do condado de Clare até 1956.