Ergatividade

A ergatividade é o feito, para unha lingua, de empregar unha oposición fundamental entre dúas funcións sintácticas, que non son, como nas linguas indoeuropeas, o suxeito por oposición ao complemento directo, senón o suxeito dun verbo transitivo por oposición ao complemento directo dun tal verbo, que se confunde co suxeito dun verbo intransitivo.

Nas linguas flexivas con ergatividade, a primeira función está representada polo caso ergativo, a segunda polo absolutivo, xeralmente non marcado, mentres que as outras linguas flexivas (maioritarias no mundo), o suxeito está en nominativo e oponse ao complemento directo en acusativo.

Oposición fundamental
Linguas
ergativas
Funcións: suxeito dun verbo transitivo CD / suxeito dun verbo intransitivo
Caso : → ergativo → absolutivo
Exemplos (éuscaro) : Gizon-ak otso-a badu
« O home ten un lobo »
Gizon-ak otso-a badu
« O home ten un lobo »
Gizon-a otso-a da
« O home é un lobo »
Linguas
non ergativas
Funcións: suxeito CD
Caso : → nominativo → acusativo
Exemplos (latín) : Homo lup-um habet
« O home ten un lobo »
Homo lup-us est
« O home é un lobo »
Homo lup-um habet
« O home ten un lobo »

Notas :

  • éuscaro: gizon- = « home », otso- = « lobo », badu (transitivo) = « ten », da (intransitivo) = « é » ; -ak é o sufixo de ergativo singular, -a de absolutivo; badu (transitivo) tradúcese « ten », da « é » (intransitivo);
  • latín : homo, « home », está en nominativo, como lup-us, « lobo », -us é unha desinencia de nominativo e -um de acusativo; habet (transitivo) tradúcese « ten », est (intransitivo) « é ».

Esta oposición particular permite clasificar as linguas no cadro da tipoloxía lingüística.


Developed by StudentB