Goles

Escudo de Galicia coa coroa forrada en cor goles

Goles é unha cor en heráldica, que se corresponde co vermello,[1] procedente do francés gueules. Hai que ter en conta que goles é un substantivo masculino invariable en singular e plural, mentres que a forma *gules é un castelanismo.

Corresponde cunha cor vermella intensa. Cando se trata dun escudo gravado, represéntase por medio dunhas liñas negras verticais.

O nome parece vir do francés gueule (fauces), pola cor do interior da boca dos animais.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para goles.

Developed by StudentB