O himation (en grego antigo: ἱμάτιον, himátion) foi unha vestimenta da Antiga Grecia.[1]
Era un manto amplo, rectangular e envolvente, que se levaba sobre o propio corpo ou, máis habitualmente, encima dun quitón.
Envolvíase ou enrolábase sobre un ombro e non contaba cunha atadura ou fixación, a diferenza da clámide.
Cando o himation se levaba só (sen quitón), servía tanto como quitón e como manto, e se chamaba aquiton (ἀχίτων).[2]