Kenpo

Kenpo ou Kempo (拳法) é un nome descritivo de varios artes marciais xaponeses con orixes chinesas. É tamén un nome descritivo de artes marciais híbridos creados en base a artes marciais xaponeses e chineses.

A palabra kenpo é a tradución en idioma xaponés da palabra en idioma chinés Chuan Fa. Ambas significan “método de loita a man baleira”. A historia precisa que a finais do século XIV (1390), emigrantes chineses chegan ó Xapón e introducen o Chuan Fa en Okinawa. Xa en Okinawa existía un método de loita denominado Naha-Té, “igualmente man baleira”. A fusión destes elementos deu lugar ó kenpo. O kenpo creouse no interior da familia xaponesa Mitose. A familia creou un método de defensa persoal e ensinaron este sistema unicamente ós membros do clan. O nome que recibiría é o de Coso (estilo do Bello Piñeiro). O nome transcendería como Coso Shorei Ryu Kenpo.

O descendente número 21 do Clan, James Masayoshi Mitose, naceu en Hawai e volveu ó Xapón para aprender a arte familiar. En Hawai fundou a escola onde ensinou Kenpo a persoas non xaponesas. Entre os seus alumnos destacan entre outros Jiro Nakamura, Thomas Young, William Chow, Paul Yamaguchi, Arthur Keawe e Edward Lowe. O Mestre William Chow tivo por alumnos, entre outros, a dous homes moi importantes na historia do kenpo Adriano Emperado e Ed Parker. En Hawaii o kenpo tivo unha transformación cara á busca da efectividade en técnicas de defensa persoal, e así o que se traballa hoxe en día é a defensa contra ataques típicos. Actualmente o máximo expoñente do sistema Kosho Shorei Ryu Kenpo é o Mestre Thomas Barro Mitose.


Developed by StudentB