Lipoamida | |
---|---|
5-(1,2-Ditiolan-3-il)pentanamida | |
Outros nomes amida do ácido tióctico | |
Identificadores | |
Número CAS | 940-69-2 |
PubChem | 6992093 |
ChemSpider | 5360246 |
UNII | Q1GT04827L |
KEGG | C00248 |
MeSH | lipoamide |
ChEBI | CHEBI:17460 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C8H15NOS2 |
Masa molar | 205,34 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A lipoamida é unha amida drivada do ácido lipoico. É unha amida monocarboxílica e un ditiolano. Orixínase pola condensación formal do grupo carboxilo do ácido lipoico con amoníaco.[1] É un metabolito que se encontra en bacterias, lévedos e animais, entre eles os humanos.[1] O grupo carboxilo únese a unha lisina dunha proteína por medio dun enlace amida.[2][3] A lipoamida é un coencima que transfire acetilos e hidróxenos no proceso de desacilación oxidación do piruvato, usado en farmacoloxia.[4] É un cofactor esencial para encimas do ciclo do ácido cítrico, do catabolismo da glicina e de aminoácidos de cadea ramificada.[2] É ilustrativa do papel bioquímico da lipoamida a conversión do piruvato en acetil lipoamida.[5]
Pode xerarse a partir da dihidrolipoamida por medio do encima dihidrolipoamida deshidroxenase (EC:1.8.1.4) e despois convertida en S-glutaril-dihidrolipoamida polo encima oxoglutarato deshidroxenase (EC:1.2.4.2).[6]