Nacionalismo filipino

O santuario de Aguinaldo, construído en 1845, é onde Filipinas declarou a independencia de Españao 12 de xuño de 1898.

O nacionalismo filipino refírese ao estabelecemento e apoio dunha identidade política asociada ao moderno estado-nación de Filipinas, que levou a unha ampla campaña de liberdade política, social e económica en Filipinas. Isto xurdiu gradualmente dende diversos movementos políticos e armados ao longo de gran parte das Indias Orientais Españolas, mais o concepto foise fragmentando e hoxe é incompatible coas definicións contemporáneas de tal nacionalismo, como consecuencia de máis de tres séculos de dominio español. Estes movementos caracterizáronse polo repunte de sentimentos e ideais anticolonialistas que alcanzaron o seu cumio a finais do século XIX dirixidos principalmente polas elites educadas, ora peninsulares e insulares, ora nativas (indio). Isto serviu como columna vertebral da primeira revolución nacionalista en Asia, a Revolución filipina de 1896.[1] O concepto moderno máis tarde actualizaríase plenamente co inicio dun estado filipino coas súas fronteiras contemporáneas despois de que os Estados Unidos lle outorgasen a independencia polo Tratado de Manila de 1946.

  1. Joaqs, Nick (1990). Manila,My Manila. Vira-Reyes, Inc. 

Developed by StudentB