Os octopodiformes (Berthold e Engeser, 1987) (do grego, octó, oito, e podós, pés) son unha infraclase de moluscos cefalópodos da subclase Coleoidea, que inclúe os polbos e especies afíns. Diferéncianse dos decapodiformes por posuír oito tentáculos en vez de dez.