O panhispanismo é un termo pannacionalista que fai referencia a unha unión dos países castelanfalantes, de índole cultural, económica e política.
A orixe deste movemento é retrotraído por Mark J. Van Aken ata a década de 1930, para desenvolverse a mediados do século XIX en publicacións como La América, na que se facía apoloxía da «Unión Hispánica», ou a Revista Española de Ambos Mundos; chegándose a prover a esta unión hispánica de compoñentes raciais. O panhispanismo, que fora defendido polo escritor arxentino Manuel Ugarte, foi tratado, entre outros, por autores como Francisco V. Silva, no seu libro Reparto de América española y panhispanismo[1] ou Fernando Ortiz en La Reconquista de América. Reflexiones sobre el Panhispanismo.
O concepto tamén é usado principalmente na lingüística, en relación a unidade da lingua castelá.[2] En relación a esta idea xurdiron conceptos coma a «política lingüística panhispánica», da que é partícipe a Asociación de Academias da Lengua Española (ASALE).