Patara foi unha cidade comercial do suroeste de Licia, cun bo porto e non moi lonxe da desembocadura do río Xanthos (ao sueste desta desembocadura). Foi fundada segundo a tradición por Pataro, fillo de Apolo, e tiña un oráculo dedicado a Apolo, o segundo máis famoso despois do de Delfos. É posíbel que fose un establecemento fenicio e despois recibiu colonos dorios de Creta.
No século –III Tolomeo II Filadelfo (-284 – -246) agrandouna e deulle o nome de Arsínoe, pero recuperou máis tarde o de Patara.
Baixo os romanos foi unha das principais cidades de Licia, mencionada por diversos autores, e á caída do Imperio era a se de bispos mencionados nas actas dalgúns concilios.
As súas ruínas chámanse Patera, e entre elas é salientábel o teatro, que foi construído en tempo de Antonino Pío.