Un plan corporal, padrón corporal, Bauplan (termo alemán, plural Baupläne), or arquetipo é un conxunto de características morfolóxicas comúns a moitos membros dun filo de animais.[1] Os vertebrados comparten un mesmo plan corporal, mentres que os invertebrados teñen moitos.
Este termo, xeralmente aplicado a animais, refírese a un plano ou deseño do corpo que abrangue aspectos como a simetría, capas, segmentación, nervios, extremidades, e disposición do tracto gastrointestinal. A bioloxía evolutiva do desenvolvemento trata de explicar as orixes dos diversos plans corporais.
Historicamente, considerouse que os plans corporais evolucionaron de forma repentina na biota de Ediacara; enchendo a explosión cámbrica cos seus resultados, e unha visión máis matizada da evolución animal suxire un desenvolvemento gradual dos plans corporais ao longo da parte inicial do Paleozoico. Estudos recentes en animais e plantas empezaron a investigar se as restricións evolutivas das estrutruras dos plans corporais poden explicar a presenza de restricións ao desenvolvemento durante a embrioxénese como o fenómeno denominado estadio filotípico.