Psychic TV | |
---|---|
Psychic TV actuando en Colonia en 2004 | |
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 1981 - 1999 2003 - 2020 |
Xénero(s) | experimental, acid house, industrial, rock psicodélico, post-punk |
Selo(s) discográfico(s) | Some Bizzare, Temple Records, Wax Trax!, Sacred Bones, Dais |
Na rede | |
http://www.genesisbreyerporridge.com/ | |
Psychic TV (tamén coñecido como PTV, Psychick TV, e outros varios nomes) era un grupo inglés experimental de videoarte e música formado pola artista de performance Genesis P-Orridge e o músico escocés Alex Fergusson en 1981 tras a separación de Throbbing Gristle.
Entre os colaboradores de Psychic TV estiveron artistas como Coil, Current 93, Monte Cazazza, Larry Thrasher, Hilmar Örn Hilmarsson, Soft Cell, Fred Giannelli, Hafler Trio, The Cult, Master Musicians of Jajouka, William Breeze, Derek Jarman, John Gosling, Timothy Leary, Rose McDowall, Andrew Weatherall, e Z'EV. Thee Temple ov Psychick Youth (tamén coñecida como T.O.P.Y.) constituída como organización nos inicios da banda, que a concibiu como unha orde máxica e a á filosófica da Psychic TV. T.O.P.Y. tamén funciona como un club de fans de culto para o grupo.[1]
Psychic TV publicou máis de 100 álbums ata a data, e gañou unha entrada no Guinness World Records polo maior número de discos publicados nun ano (1986). Isto ocorreu despois de que a banda intentase lanzar 23 álbums ao vivo no día 23 de 23 meses seguidos.[2][3]
Psychic TV foi pioneiro no xénero acid house, publicando varios recompilatorios falsos nun intento de popularizar o son, como Jack the Tab e Tekno Acid Beat. Segundo algúns, o acid house recibiu o seu nome de Genesis Breyer P-Orridge.[4]
Tras disolverse en 1999, reformouse como PTV3 cunha formación completamente nova en 2003, pero separouse en 2020 cando a súa membro principal, Genesis Breyer P-Orridge, morreu.