Razzia

Unha razzia[1] (do francés razzia "incursión", e este do árabe alxeriano ġaziya (غزية‎), "algara") é un termo usado para referirse a un ataque contra un asentamento inimigo. Aínda que principalmente buscaba conseguir botín, historicamente os obxectivos dunha incursión eran diversos: destruír fortificacións, capturar escravos, a limpeza étnica ou relixiosa, a expansión do territorio ou intimidar o inimigo. Probablemente o termo provén da cuarta dinastía iraniana (226-651).[2]

Co paso do tempo, o seu significado tamén se estendeu a outras actividades que presentan certas semellanzas con estes ataques, como as redadas policiais ou determinadas incursións violentas realizadas por grupos organizados ou paramilitares, como as realizadas nas favelas ou campos de refuxiados brasileiros durante a segunda guerra do Congo. Na actualidade, en lingua turca o termo significa "veterano de guerra".

  1. "razzia". academia.gal. Consultado o 2023. 
  2. Jean Flori, Rafael Gerardo Peinado Santaella (2004). Guerra Santa, Yihad, cruzada. Universidad de Valencia. pp. 46 e 109. ISBN 84-338-3123-2. 

Developed by StudentB