Rudolf Arnheim

Modelo:BiografíaRudolf Arnheim

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1904 Editar o valor en Wikidata
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xuño de 2007 Editar o valor en Wikidata (102 anos)
Ann Arbor, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín Editar o valor en Wikidata
Director de teseMax Wertheimer Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoría do cinema, media theory (en) Traducir, estudo da historia da arte, psychology of art (en) Traducir, filmologia (pt) Traducir, crítica de cinema (pt) Traducir e xornalismo Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Nova York (1940–2007)
Gran Bretaña (1939–1940)
Italia (1933–1939)
Berlín (1924–1933) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, crítico de cinema, experto do cinema, pedagogo, profesor universitario, historiador da arte, psicólogo, xornalista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Universidade de Míchigan Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
IrmánsHelen Arnheim-Badt Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm2891752 Allmovie: p187940 BNE: XX1163519 Dialnet: 2008215 Editar o valor en Wikidata

Rudolf Arnheim, nado en Berlín o 15 de xullo de 1904 e finado o 9 de xuño de 2007, foi un autor de orixe alemá, teórico do cine e da arte e psicólogo perceptual. Aprendeu psicoloxía da Gestalt como alumno de Max Wertheimer e Wolfgang Köhler na Universidade de Berlín e aplicouno á arte.[1] A súa obra magna foi Arte e Percepción Visual: Unha psicoloxía do ollo criativo (Art and Visual Perception: A Psychology of the Creative Eye, 1954). Outros libros importantes escritos por Arnheim son Pensamento Visual (Visual Thinking, 1969), e O Poder do Centro: Un Estudo de Composición nas Artes Visuais (The Power of the Center: A Study of Composition in the Visual Arts, 1982). A arte e a percepción Visual foi revisado, ampliado e publicado como versión nova en 1974, e foi traducido a catorce linguas. Viviu en Alemaña, Italia, Inglaterra e os Estados Unidos, onde ensinou no Sarah Lawrence College, na Universidade de Harvard, e na Universidade de Míchigan. O seu traballlo influíu moito na historia da arte e na psicoloxía en América.

En Art and Visual Perception, Arnheim tenta utilizar a ciencia para entender mellor a arte. No seu libro posterior Visual Thinking, Arnheim analiza a suposición de que a linguaxe "vai antes" da percepción. Para Arnheim, o acceso único a realidade que temos é polos nosos sentidos. Arnheim tamén argumenta que a sensación é fortemente identificada co pensamento, e que a expresión artística é outro xeito de razoamento. En The Power of the Center, Arnheim sitúa a interacción de arte e arquitectura en concéntricos e enreixados patróns espaciais. Argumenta que a forma e o contido son indivisibles, e que os patróns creados polos artistas revelan a natureza de experiencia humana.

  1. Arnheim, Uta Grundmann and Rudolf Arnheim. "The Intelligence of Vision: An Interview with Rudolf Arnheim". cabinetmagazine.org (en inglés). Consultado o 2023-07-26. 

Developed by StudentB