StatCounter | |
---|---|
Tipo | páxina web |
Data de fundación | 1999 |
Na rede | |
http://www.statcounter.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
StatCounter é unha ferramenta de análise do tráfico web realizada pola compañía do mesmo nome e que ten a súa sede en Dublín e que fundou Aodhan Cullen. O seu uso é de balde para os servizos básicos mentres que para os avanzados hai que pagar unha cota mensual.[1] Emprégano o 3% de todos os sitios web.[2] e as súas estatísticas serven tamén para establecer a proporción de uso dos diferentes navegadores.
As estatísticas de StatCounter derivan dos impactos, e non de visitantes únicos, e non se realizan ponderacións artificiais para corrixir os nesgos de mostraxe, polo que os números na estatística non se poden considerar representativos.