Stormwatch

Stormwatch
Álbum de Jethro Tull
Publicado14 de setembro de 1979
Gravaciónprimavera . verán de 1979
Estudio(s)Maison Rouge Mobile e Maison Rouge Studio, Fulham, Londres
Duración45:42
Xénero(s)folk rock, rock progresivo, hard rock
Selo(s)Chrysalis Records
ProdutorIan Anderson, Robin Black
Cronoloxía
Bursting Out Stormwatch A
Na rede
Discogs: 38293 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Stormwatch é o décimo segundo álbum da banda inglesa de rock progresivo Jethro Tull, publicado o 14 de setembro de 1979 a través do selo Chrysalis Records. É considerado o derradeiro da triloxís de álbums defolk rock do grupo (aínda que a música folk influíu en todos os traballos de Jethro Tull). Xunto con outros temas, o disco toca os problemas relacionados co medio ambiente, o petróleo e os cartos. No ano 2004 publicouse unha versión remasterizada con catro temas extra.

Este é o derradeiro álbum de Jethro Tull en contar coa súa formación clásica dos 70. O baixista John Glascock, que sufría os efectos dunha infección cardíaca que finalmente o matou, aparece só en tres cancións ("Flying Dutchman", "Orion" e "Elegy"). Ian Anderson tocou o baixo no resto dos temas, mentres que Dave Pegg encargouse do instrumento na seguinte xira. A peza instrumental "Elegy" foi composta por David Palmer.


Developed by StudentB