Technique

Technique
Álbum de New Order
Publicado30 de xaneiro de 1989
Gravación1988
Duración39:32
Xénero(s)dance alternativo, acid house, dance-rock
Selo(s)Factory Records
ProdutorNew Order
Cronoloxía
Brotherhood Technique Republic
Na rede
Spotify: 4BAPLPOJfu9fVQI8aMP6PJ Discogs: 4442 Allmusic: mw0000198784 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Technique é o quinto álbum de estudio da banda inglesa de synthpop New Order, publicado o 30 de xaneiro de 1989 a través do selo Factory Records. Parcialmente gravado na illa de Eivisa, incorpora ritmos baleares e influencias do acid house no son dance-rock do grupo. O álbum foi influenciado pola entón crecente escena acid, e polas experiencias de Bernard Sumner no 500 Club de Nova York e o Shroom en Londres. Foi o primeiro dunha serie de poucos álbums onde o son do baixo de Peter Hook foi predominante.

Technique foi o primeiro disco de New Order e acadar o número 1 da lista británica de álbums, e "Fine Time", o seu primeiro sinxelo, chegou ao número 11. Versións remesturadas de "Round & Round" e "Run" tamén se publicaron como sinxelos.


Developed by StudentB