O teocentrismo[1] (do grego θεóς, theos, "Deus"; e κέντρον, kentron, "centro") é a doutrina segundo a cal Deus é o centro do Universo, todo foi creado por El, é dirixido por El e non existe ningunha razón máis que o desexo de Deus sobre a vontade humana.
O teocentrismo abarca todo o que existe, ata a razón científica, xa que todo explícao pola vontade divina e mística de Deus. Foi a corrente que predominou na Idade Media e que máis tarde se converteu en antropocentrismo (o home é o centro do universo).
Foi un concepto central no pensamento de principios da éra cristiá e a Idade Media ata o período do Renacemento, a partir de cando se empezou a concibir a Deus como un factor pero non como causa única do mundo.