Transcriptoma

Transcriptoma ou transcritoma refírese ao conxunto completo de transcritos (ARNs mensaxeiros, ARNs ribosómicos, ARNs transferente, microARNs e outros ARNs) dun organismo dado, órgano, tecido ou liñaxe celular. Polo tanto, é o reflexo directo da expresión dos xenes. O perfil do transcriptoma pode variar segundo o momento (nunha dada fase do ciclo celular, por exemplo), estado fisiolóxico, estímulos físicos, químicos, biolóxicos ou doenzas. Como son os ARNm os codificadores das proteínas e, por consecuencia, o centro dos intereses da busca de xenómica funcional; na práctica quedou establecido que o transcriptoma abarca o conxunto desta especie de ARN. Entre tanto, recentemente, os investigadores incluíron os microARNs no concepto de transcriptoma por representaren unha clase moi importante de pequenos ARNs (contendo aproximadamente 20 a 22 nucleótidos) que controlan a expresión xénica ao nivel post-transcricional, impedindo a tradución dos RNAm en proteínas.

Para estudaren o transcriptoma os investigadores utilizan métodos de análise a grande escala como SAGE (serial analysis of gene expression) e os microarrays ou micromatrices (micromatrices de ADNc), as micromatrices de oligos e os (chips de ADN). Recentemente o método de secuenciamento a grande escala chamado de "deep sequencing" foi introducido no estudo do transcriptoma, mais debido ao seu alto custo a as dificultades de análise dos datos, ese método aínda non é rotina.


Developed by StudentB