Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Tuenti é unha rede social virtual dirixida á poboación nova española a cal só se podía acceder por invitación ata o 14 de novembro de 2011. En outubro de 2011 tiña 12 millóns de usuarios. Permite ao usuario crear o seu propio perfil, subir fotografías e vídeos e contactar con amigos. Ten outras posibilidades como crear eventos ou etiquetar amigos en fotos. Caracterízase tamén polo seu potente buscador.
Inaugurado en xaneiro de 2006, Tuenti é un dos sitios web máis visitados en España, de acordo con Alexa Internet. Dende o 3 de decembro do 2009 conta cunha versión en galego[1].
O sitio estaba enfocado principalmente á poboación española, ata que o 11 de xullo de 2012 anunciouse unha renovación da rede social na cal o novo Tuenti estaría aberto a toda Europa, Estados Unidos e Latinoamérica, e cunha maior oferta de idiomas.