A casa da Troia | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La casa de la Troya |
Director | Rafael Gil |
Produtor | Juan Manuel de Rada |
Guión | Alejandro Pérez Lugín e Rafael García Serrano |
Baseado en | La Casa de la Troya de Alejandro Pérez Lugín |
Intérpretes | Ana Esmeralda, Arturo Fernández, Pepe Rubio, Julio Riscal, Rafael Bardem e Félix de Pomés |
Música | Manuel Parada |
Fotografía | Michel Kelber |
Montaxe | Julio Peña |
Estrea | 1959 |
Duración | 94 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Comedia |
Na rede | |
A casa da Troia (en castelán: La casa de la Troya) é un filme español rodado en Galicia e estreado en 1959.[1] Foi dirixido por Rafael Gil e baséase na novela homónima de Alejandro Pérez Lugín, que foi un auténtico éxito de vendas desde a súa publicación en 1915. De feito, esta non foi a primeira adaptación do libro: houbo outras anteriores, como a de 1925, producida e dirixida polo propio Lugín. Gran parte das escenas rodáronse en Santiago de Compostela, e contouse cun elenco que integraba algúns dos actores españois máis famosos da época, como Arturo Fernández, Pepe Rubio, José Isbert ou Ana Esmeralda.
Foi dobrado ao galego e estreado na TVG o 7 de febreiro de 1986, dentro do programa Galicia no cine.[2]