Ab urbe condita (normalmente abreviado AUC ou a.u.c.) é unha expresión latina que significa "dende a fundación da cidade".[1] Refírese principalmente á numeración dos anos dende a fundación de Roma.
Segundo esa numeración o ano actual (2024) é o ano 2777.
↑Sánchez Doncel, Gregorio (2003). Diccionario de latinismos y frases latinas. Madrid: Editorial Noesis. p. 7. ISBN84-87462-32-4.