Abril (nome)

Abril[1] é un nome propio galego de home que provén do latín aprilis, nome que os romanos daban os fillos nados no mes de abril.[1] A pesar de ser un nome frecuente en Galicia durante a Idade Media en xaneiro de 2023 non existía ningún varón en Galicia co nome Abril. Porén si había 356 mulleres con ese nome, cunha media de idade de 7,1 anos,[2] seguindo o exemplo doutras linguas na que este nome, April en inglés ou Abril en castelán, se utiliza como nome de muller.

  1. 1,0 1,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  2. Nome Abril na Web do Intituto Galego de Estatística

Developed by StudentB