O acusativo é o nome dun caso que nas linguas flexivas de raíz indoeuropea é utilizado en substantivos, adxectivos e pronomes para indicar que a palabra realiza a función de Complemento directo, aínda que pode aparecer tamén noutras como na expresión da dirección etc.
O caso acusativo provén do chamado polos primeiros gregos causal. Apolonio Díscolo viu que o acusativo non era o caso da causa, senón o caso do efecto. Os latinos, por falsa tradución, déronlle o nome que aínda segue vixente.
No acusativo adóitase ver a expresión dunha relación inmediata entre o verbo e o obxecto ao que se refire a acción verbal, sendo, xa que logo, o caso por excelencia do complemento directo: polaco "Mam dobrą szafę" - "Teño bon armario".
En latín distínguense, entre outros, os seguintes empregos particulares do acusativo: