Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Адыгэ Республик (ady) | |||||
Himno | Himno de Adiguesia | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Rusia | ||||
Enclave en | Krai de Krasnodar | ||||
Capital | Maikop (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 451.471 (2016) (59,4 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua rusa Lingua adigue | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 7.600 km² | ||||
Punto máis alto | Chugush (en) (3.238 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1991 | ||||
Organización política | |||||
• Lista (pt) | Murat Kumpilov (en) (2017–) | ||||
• Presidente | Anzaur Kerashev (en) (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | State Council of the Republic of Adygea (en) , (Escano: 50) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 877 | ||||
ISO 3166-2 | RU-AD | ||||
Identificador OKTMO | 79000000 | ||||
Identificador OKATO | 79 | ||||
Páxina web | adygheya.ru |
A República de Adiguesia[1][2] (en ruso: Республика Адыгея, "Adygeia"; en adigueo: Адыгэ Республик) é un suxeito federal (unidade administrativa) da Federación Rusa, unha república enclavada dentro do krai de Krasnodar.
A República de Adiguesia está situada nas montañas do norte do Cáucaso, descendendo cara á fértil chaira do Kuban. A súa extensión é de 7.800 km² e a súa poboación é de 440.327 habitantes (2011). Os principais grupos étnicos na actualidade son o adigueo e o ruso. A república está organizada en 2 cidades, 7 distritos, 5 comunidades urbanas e 55 distritos rurais. A capital da república é Maikop e as principais cidades ou asentamentos de tipo urbano son Adygueisk, Enem e Yablonovski. Os ríos Kuban, Laba, Belaya e o conxunto de Adiguesia forman parte importante da tradición histórica da república que formaba parte da Gran ruta da seda cara a Asia, durante a Idade Media. A cultura de Maikop, estudada polos arqueólogos, representa o legado prehistórico da zona.
Os adigueos, que lle dan o nome á república, son os habitantes máis antigos do nordeste do Cáucaso e foron coñecidos en Europa como os circasianos a partir do século XIII. O circasiano (occidental) é idioma oficial da república (canda o ruso), e forma parte do grupo abkhazo-adigueo das linguas do Cáucaso.