Adverbio

O adverbio é a clase de palabra que actúa como núcleo do sintagma adverbial. Adoita engadir información circunstancial ao verbo, e algúns ata a toda a oración, xa sexa de tempo, de modo, de lugar, de afirmación, negación ou dúbida[1]. Neses casos considérase que funciona como modificador a nivel de sintagma verbal (fíxeno doadamente) ou nivel clausal (sinceramente,...). As funcións sintácticas do adverbio son, á parte da de núcleo de sintagma adverbial, as de complemento circunstancial do verbo, as de cuantificador, grao ou modificador do adxectivo ("moi bo") e as de cuantificador doutro adverbio ("bastante preto"). Algúns adverbios poden funcionar como predicados dirixidos cara a un suxeito e xunto a unha cópula verbal ("está divinamente")

O adverbio de modo pode formarse mediante a colocación do sufixo "-mente" ao final dalgúns adxectivos femininos. Por exemplo: soa (adxectivo) > soamente (adverbio). Tamén poden formarse compostos parasintéticos adverbiais agregando o prefixo a- e o sufixo -as: Ás agachadas, ás cegas... Algúns sintagmas preposicionais así mesmo foron lexicalizados como adverbios: a posta > aposta.

Ambos, tanto o adverbio como o adxectivo poden ser precedidos por cuantificadores como: "moi" adv //adx = "moi rápido" // "moi rapidamente"

  1. Na actualidade, a afirmación, a negación e a dúbida, tal como se expresa en Wikibooks:Negación, afirmación e dúbida, son consideradas modalidades discursivas, e os tradicionais adverbios de afirmación e negación son marcas destas modalidades, polo que non pertencen á categoría adverbial.

Developed by StudentB