Adxectivo

O adxectivo é unha clase de palabra que funciona ordinariamente como adxacente do nome, é dicir, como complemento nominal adxunto que se sitúa diante ou despois do substantivo ó cal se refire.

Por significado, sinala unha calidade atribuída a un substantivo, ben abstracta (percibible pola mente, como en "libro difícil"), ben concreta (percibible polos sentidos, como en "libro azul").

En canto á súa morfoloxía, o adxectivo non posúe accidente de xénero ou número, senón que o adquire do substantivo ao que determina ou ben do artigo que o acompaña, cando se produciu unha metábase. Admite, ademais, afixos e morfemas de grao superlativo (os sufixos -ísimo, -érrimo). É determinado así mesmo por adverbios cuantificadores que lle confiren os outros graos, o comparativo de igualdade (tan), de superioridade (máis) e de inferioridade (menos), así como o grao superlativo analítico (moi, ben bo). Substantívano ou transfórmano en substantivo o artigo o ("o bo") e, ademais, a supresión do substantivo nunha lexia habitual: o barco veleiro = o veleiro.

morfoloxía do adxectivo
morfoloxía do adxectivo

En canto á súa sintaxe, o adxectivo desempeña habitualmente tres funcións diferentes: adxacente dun substantivo ("bo libro grande), atributo dun substantivo a través dun verbo copulativo ("Pedro é, está ou parece san") e complemento predicativo ("o coche corre rápido")

Distínguese entre adxectivos atributivos, unidos asindeticamente ao nome: noite escura ou escura noite e adxectivos predicativos, ligados ao nome mediante un verbo copulativo: a noite era escura.

Adxectivo substantivado ou absoluto: é o que desempeña na frase a función de substantivo mediante transposición.

Adxectivo verbal: é o participio en función adxectiva cando non perdeu aínda a súa natureza verbal.


Developed by StudentB