Historia do alfabeto |
---|
Idade de Bronce Medio ss –XIX - -XV
|
Meroítico s. –III. |
Xenealoxía completa |
Alfabeto (chegou dende o latín, mais procede do grego alphabetos, -ou, formado a partir das dúas primeiras letras, alpha e beta[1]) denota o conxunto organizado de letras e tamén un sistema de escrita, o máis común no mundo occidental. Na primeira acepción é sinónimo de abecedario e na segunda úsase en contraposición co alifato ou o abxad consonánticos ou os silabarios, busca representacións fonemáticas, non sempre biunívocas. Ten unha orde fixa, que se emprega por exemplo para a ordenación en dicionarios, enciclopedias ou glosarios en papel, ou en listas de cousas.
A palabra alfabeto provén das gregas alfa e beta, que designaban a primeira e segunda letra do seu alfabeto, correspondentes no alfabeto latino a a e b, respectivamente.
O alfabeto galego ten 23 letras (entre parénteses a denominación da letra): a (a), b (be), c (ce), d (de), e (e), f (efe), g (gue), h (hache), i (i), l (ele), m (eme), n (ene), ñ (eñe), o (o), p (pe), q (que), r (erre), s (ese), t (te), u (u), v (uve), x (xe), z (zeta).