Historia do alfabeto |
---|
Idade de Bronce Medio ss –XIX - -XV
|
Meroítico s. –III. |
Xenealoxía completa |
O alfabeto grego é o alfabeto utilizado para escribir o grego desde arredor do século IX a.C.[1] Deriva do alfabeto fenicio[2] e foi a primeira escrita da historia en ter letras distintas para as vogais e para as consoantes. Dente o século IV a.C., o alfabeto euclidiano, de vinte e catro letras converteuse no estándar e é a versión que aínda se emprega para escribir o grego na actualidade.
En época arcaica tiña distintas variedades: basicamente unha occidental (da que provén o alfabeto etrusco e o latino) e outra oriental (da que proveñen o alfabeto xónico, que foi considerado o clásico, e del o cirílico, o armenio,...). Non foi o primeiro sistema de escritura para escribir o grego: xa se empregara o silabario micénico (tamén chamado Lineal B) entre os séculos XIV e XII a. C., pero foi esquecido tras a desaparición dos micénicos, ata que foi descifrado por Michael Ventris e John Chadwick no 1953. Consta de vinte e catro letras na súa versión clásica, aínda que hai outras que existiron pero ou eran de uso local ou desapareceron. Ademais do seu valor fonético, foron utilizadas para a expresión de números.