An American Tail: Fievel Goes West | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | An American Tail: Fievel Goes West |
Director | |
Produtor | |
Guión | Flint Dille |
Baseado en | Personaxes de Judy Freudberg Tony Geiss David Kirschner |
Intérpretes | |
Música | James Horner |
Montaxe | Nick Fletcher |
Estudio | Amblimation Universal Pictures Amblin Entertainment |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | Kennedy Center: 17 de novembro de 1991 |
Duración | 74 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación |
Orzamento | 16,5 millóns de dólares[1] |
Recadación | 40,8 millóns de dólares |
Filme anterior | Fievel e o novo mundo |
Na rede | |
https://www.uphe.com/movies/an-american-tail-fievel-goes-west | |
An American Tail: Fievel Goes West (tamén coñecido como An American Tail II: Fievel Goes West ou An American Tail II) é un filme estadounidense dirixido por Phil Nibbelink e Simon Wells e produdido por Steven Spielberg a través do seu estudio de animación Amblimation, sendo distribuído por Universal Pictures.[2] É unha secuela de Fievel e o novo mundo (1986), e conta a historia dos Mousekewitz, unha familia de ratos xudeus que emigran cara ó oeste. Nesta aventura, Fievel sepárase da súa familia, e conta como el e o sheriff Wylie Burp lle ensinan a Tiger a actuar como un can. Fievel Goes West foi a primeira produción de Amblimation, un estudio que Spielberg creou para manter traballando ós animadores de Quen enganou a Roger Rabbit? (1988).