Android | |
---|---|
Desenvolvedor | Google Inc., Open Handset Alliance, Android Open Source Project |
Familia de S.O. | Linux |
Lanzamento | 20 de setembro de 2008 |
En galego | Si[1][2] |
Interface de usuario | Interface gráfica de usuario |
Modelo de desenvolvemento | Software de código aberto[3] e con partes privativas en parte dos dispositivos móbiles. |
Núcleo | Linux (variante do kernel)[4] |
Tipo de núcleo | Monolítico |
Licenza | Apache 2.0, coas modificacións do núcleo Linux baixo a GNU GPL v2[5] |
Última versión estable | 8.1.0 "Oreo" 5 de decembro de 2017 |
Estado actual | En desenvolvemento |
Sitio web | www |
Android é un sistema operativo para móbiles baseado en Linux, que xunto con aplicacións middleware[6] está destinado para ser empregado en dispositivos móbiles como teléfonos intelixentes, tabletas, Google TV e outros dispositivos[7]. É desenvolvido pola Open Handset Alliance, a cal é liderada por Google. Este sistema polo xeral manexa aplicacións como PlayStore.
Desde Android 5.0 Lollipop na versión oficial inclúese de serie a interface en galego.[8][9]
O 17 de maio de 2017 presentouse Android Go, unha versión máis lixeira do sistema, para axudar a que a metade do mundo sen teléfonos intelixentes consiga un en menos de cinco anos. Inclúe versións especiais das súas aplicacións onde o consumo de datos redúcese ó máximo.[10]