Nome orixinal | (he) אַרְפַּכְשַׁד, ʾArpaḵšaḏ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2103 a. C. Ur, Iraq |
Morte | 1665 a. C. (437/438 anos) |
Familia | |
Fillos | Cainan, Selá |
Pai | Sem |
Irmáns | Lud Assur Elão bíblico Aram |
Descrito pola fonte | Orthodox Theological Encyclopedia (en) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Enciclopedia Bíblica de Archimandrita Nicéforo |
Arfaxad (hebreo: אַרְפַּכְשָׁד בן-שֵׁם; árabe: ارفکشاد بن سام) é un personaxe bíblico, o fillo de Sem e xerou a Xélah á idade de trinta e cinco anos. Entón viviu catrocentos tres anos[1].
No Libro dos Xubileos (11:3) noméanse outros dous descendentes de Arfaxad, Ura e Kesed. Os fillos destes dous foron os fundadores de Ur Kasdim: e Ura, fillo de Kesed, construíu a cidade de Ur dos caldeos e chamoulle polo seu nome.
Os caldeos, mesopotámicos do Golfo Pérsico, os hebreos, os israelitas, os árabes, os beduínos, os moabitas, os xordanos, os palestinos, os sabeos e outros grupos do Próximo Oriente considéranse tradicionalmente descendentes de Arfaxad. Nalgunhas versións da Biblia[onde?] o seu fillo é Cainam, que sería o pai de Xélah. Actualmente os estudosos[quen?] tenden a consideralo un erro e este Cainam sería unha confusión de Quenán, fillo de Enox.[2]
No Libro de Xudit (1:1-5; 1:13; 1:15; 3:36) menciónase un Arfaxad, e dise que foi rei dos medos en Ecbatana. Construíu murallas arredor da cidade para defendela dos ataques de Nabucodonosor II, de trinta e cinco metros de alto e vinte e cinco de ancho. Pero Nabucodonosor enfrontouse a Arfaxad e derrotouno, destruíndo o seu exército. Arfaxad conseguiu escapar ás montañas, pero o rei atopouno e atravesouno coas súas frechas.