Automobilismo

Dous Audi R8 da categoría LMP1 de sport prototipos en competición no Gran Premio de Atlanta de 2005 das American Le Mans Series.

O automobilismo é o deporte consistente en todo tipo de probas de vehículos con motor de catro rodas ou máis, normalmente modificados ou construídos especialmente co fin de competir. É regulado principalmente a nivel mundial pola Federación Internacional do Automóbil como unión das Federacións Automobilísticas membros, no caso de España, a RFEDA, que á súa vez está formada polas Federacións Autonómicas, estando Galiza representada pola Federación Galega de Automobilismo.


Developed by StudentB