Azur [1] é a cor azul heráldica. Trátase dun azul intenso.
Nalgúns textos heráldicos tamén se refiren a esta cor como:
O seu nome vén do francés "azur", referido ao azul do mar. Tamén se sostén que provén dos termos "lāzūr" ou "Lazurt" que en árabe e persa queren dicir "cor azul". Esta última teoría é a máis probable, pois os cruzados, cando volveron aos seus países de orixe, tinguiron toda a súa heráldica con verbas daquelas terras.
É unha das cores empregadas nos vervos.