Bad Religion

Bad Religion
OrixeWoodland Hills, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período1979-1984
1986-actualidade
Xénero(s)punk rock
Selo(s) discográfico(s)Epitaph, Atlantic, Epic
MembrosGreg Graffin
Brett Gurewitz
Jay Bentley
Greg Hetson
Brian Baker
Brooks Wackerman
Antigos membrosJay Ziskrout
Davy Goldman
Tim Gallegos
Pete Finestone
John Albert
Lucky Lehrer
Bobby Schayer
Paul Dedona
Na rede
http://www.badreligion.com/
IMDB: nm1137815 Facebook: badreligion Twitter: badreligion Instagram: badreligionband MySpace: badreligion Youtube: UCLjT3GCC1Q-p39MWp85KKFA Souncloud: thebrpage Spotify: 2yJwXpWAQOOl5XFzbCxLs9 iTunes: 150160 Last fm: Bad+Religion Musicbrainz: 149e6720-4e4a-41a4-afca-6d29083fc091 Songkick: 70768 Discogs: 17479 Allmusic: mn0000062823 Deezer: 936 Genius: Bad-religion Editar o valor en Wikidata

Bad Religion é unha banda de punk rock estadounidense formada nos Ánxeles (California) en 1979 por Jay Bentley (baixo), Greg Graffin (voces), Brett Gurewitz (guitarra) e Jay Ziskrout (batería). Adóitaselles atribuír o liderado do revival do punk rock durante finais dos anos 80, e tamén é unha importante influencia para gran cantidade de músicos de punk e de rock. As letras da banda abordan temas relacionados coa relixión, a política, a sociedade, os medios de comunicación e a ciencia. Musicalmente, destacan pola súa sensibilidade melódica e o uso extenso de harmonías vocais de tres partes.

Bad Religion conseguiu un bo número de seguidores no underground estadounidense cos seus primeiros traballos antes de asinar con Atlantic Records en 1993. Ese ano acadaron a fama co seu sétimo álbum de estudio, Recipe for Hate, que chegou ao número 14 na lista Billboard's Heatseekers. A este seguiulle un ano despois Stranger than Fiction, onde aparecían os seus maiores éxitos, "Infected" e unha versión regravada de "21st Century (Digital Boy)", e que foi certificado ouro nos Estados Unidos e o Canadá. Pouco despois do lanzamento de Stranger than Fiction Gurewitz deixou Bad Religion para centrarse no seu selo Epitaph Records, sendo substituído por Brian Baker. Dende o regreso de Gurewitz en 2001 a banda experimentou un rexurdimento da súa popularidade, sendo o seu décimo sexto traballo, True North (2013), o seu primeiro álbum en entrar no top 20 da lista Billboard 200, chegando ao número 19.[1]

  1. "Bad Religion Songs, Albums, Reviews, Bio & Mor...". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-10-24. 

Developed by StudentB