Bandeira de Camboxa | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 23 de setembro de 1993 |
Cores | Azul Vermello Branco |
A bandeira de Camboxa (ទង់ជាតិកម្ពុជា) foi adoptada oficialmente o 23 de setembro de 1993, cando foi restablecida a monarquía dese país. A bandeira está formada por tres franxas horizontais sendo a central, de cor vermella, o dobre de ancha que as outras dúas de cor azul. No centro da franxa vermella sitúase unha representación en cor branca da entrada principal ao templo de Angkor Wat con tres torres.