Bandeira de Guam | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 9 de febreiro de 1948 |
Cores | Azul Vermello |
A bandeira do territorio de Guam, pertencente aos Estados Unidos, foi adoptada o 9 de febreiro de 1948.[1] A bandeira territorial é de cor azul escuro cun estreito bordo vermello por todos os lados (o bordo foi un engadido posterior). O bordo vermello representa o sangue derramado na segunda guerra mundial e durante a soberanía española no territorio. No centro da bandeira está o escudo de armas; un emblema en forma de améndoa, que representa unha proa navegando na baía de Hagåtña preto de Hagåtña, e GUAM coloreado con letras vermellas.[2][3] A forma do emblema lembra as pedras de tiracoios usadas polos antigos chamorros. O terreo do fondo representa o cantil Two Lovers Point de Guam.[4]