Bandeira de Iraq

Bandeira de Iraq
Bandeira de Iraq
Características
Uso
Proporción4:7
Adopción22 de xaneiro de 2008
Cores     Vermello     Branco     Negro

A bandeira de Iraq (en árabe: علم العراق‎) tivo cinco deseños diferentes desde a súa primeira adopción, en 1922. A súa actual versión foi adoptada oficialmente o 22 de xaneiro de 2008 e consiste de tres bandas horizontais iguais en cor vermella a superior, branca a intermedia e negra a inferior. No centro da banda branca atópase unha inscrición en caligrafía cúfica da frase Allahu Akbar, que significa "Alá é grande". A diferenza da maioría das bandeiras nacionais, a bandeira iraquí ízase co lado dereito cara ao mastro.

Esta bandeira foi establecida polo goberno do devandito país por un período provisorio dun ano,[1] co fin de atopar unha solución á controversia xerada en Iraq sobre o uso da bandeira. A bandeira utilizada previamente fora instituída por Saddam Hussein, e unha vez caído o seu goberno tras a Guerra de Iraq, diversas comunidades (como os kurdos) que foran brutalmente reprimidas polo devandito réxime, rexeitaron o uso do emblema nacional.

  1. Iraq estrea bandeira, pero só por un ano

Developed by StudentB