Alcume | La rosa de foc, Cap i Casal de Catalunya, Ciutat Comtal e Ciudad Condal | ||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Estado | España | ||||||||||||||||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||||||||||||||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||||||||||||||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||||||||||||||||
Comarca | Barcelonès | ||||||||||||||||||
Capital de | |||||||||||||||||||
Capital | Cidade de Barcelona | ||||||||||||||||||
Contén a división administrativa | |||||||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||||||
Poboación | 1.660.122 (2023) (16.388,17 hab./km²) | ||||||||||||||||||
Número de fogares | 664.476 (2020) | ||||||||||||||||||
Lingua oficial | lingua catalá lingua castelá lingua occitana | ||||||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||||||
Parte de | |||||||||||||||||||
Diocese | Arquidiocese católica latina de Barcelona | ||||||||||||||||||
Superficie | 101,3 km² | ||||||||||||||||||
Bañado por | Mar Mediterráneo, Río Besòs e Río Llobregat | ||||||||||||||||||
Altitude | 9 m-12 m | ||||||||||||||||||
Punto máis alto | Monte Tibidabo (512 m) | ||||||||||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||||||
Precedido por | |||||||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||||||
Día festivo | |||||||||||||||||||
Santo padrón | Virxe da Mercede | ||||||||||||||||||
Organización política | |||||||||||||||||||
Órgano executivo | Concello de Barcelona (Escano: 41) | ||||||||||||||||||
• Alcalde | Jaume Collboni (2023–) | ||||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||||||||
Código postal | 08001–08042 | ||||||||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||||||||
Prefixo telefónico | 93 | ||||||||||||||||||
Código INE | 08019 | ||||||||||||||||||
Código territorial IDESCAT | 080193 | ||||||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||||||
Irmandado con | |||||||||||||||||||
Páxina web | barcelona.cat | ||||||||||||||||||
Barcelona (en catalán pronúnciase [bərsəˈɫonə]) é unha cidade situada no nordés da Península Ibérica, capital de Cataluña, da provincia homónima e da comarca do Barcelonès, así como a segunda cidade maior de España. Situada á beira do mar Mediterráneo, atópase a uns 120 km ao sur da cadea montañosa dos Pireneos e da fronteira con Francia, nunha chaira limitada polo mar ao leste, a serra de Collserola ao oeste, o río Llobregat ao sur e o río Besòs ao norte. É coñecida co alcume da "Cidade Condal" (Ciutat Comtal), por ser a capital do antigo Condado de Barcelona.
Cunha poboación de 1.620.809 habitantes, é a segunda cidade máis poboada de España e da península tras Madrid,[1] e a undécima da Unión Europea. A súa área metropolitana, integrada por 36 concellos, ten unha poboación de 3.161.081 habitantes e unha superficie de 633 km². Esta área é a delimitación como núcleo urbano definida oficialmente, con todo a Rexión Urbana de Barcelona, que se estendería por todo a área de influencia da cidade, chega aos 4.928.852 habitantes cunha densidade de poboación de 1.496 hab/km².[2]
Foi escenario de diversos eventos mundiais, que contribuíron a configurar a cidade e darlle proxección internacional. Os máis relevantes foron a Exposición Universal de 1888, a Exposición Internacional de 1929, os Xogos Olímpicos de verán de 1992 e o Fórum Universal das Culturas 2004. É tamén sede do secretariado da Unión polo Mediterráneo.[3]
Actualmente é recoñecida como Cidade global pola súa importancia cultural, financeira, comercial e turística. Posúe un dos portos máis importantes do Mediterráneo e é tamén un importante punto de comunicacións entre España e Francia, debido ás conexións por autoestrada e tren de alta velocidade. O aeroporto de Barcelona-El Prat foi utilizado por máis de 44 millóns de pasaxeiros en 2016.[4]