Billete de 50 euros |
---|
|
O billete de 50 euros é o billete da serie do euro de valor facial intermedio, posto en circulación desde a introdución do euro como moeda da Eurozona en 2002.
Este billete utilízase nos 25 países que teñen o euro como moeda única, cunha poboación de arredor de 343 millóns de persoas. En decembro de 2022, había uns 14.430.000.000 billetes de 50 euros en circulación na Eurozona. É, con diferenza, o valor facial de maior circulación, xa que representa case a metade do papel moeda en uso, cun 49,0 % do total de billetes da serie do euro.[3]
É tamén o cuarto billete de maior tamaño, cunhas medidas de 140 × 77 mm, e a súa cor característica é alaranxada.
Os billetes de 50 euros representan en ambas as súas faces pontes e arcos ou portas da arquitectura renacentista (séculos XV e XVI). Conteñen ademais varios elementos de seguridade complexos, como marcas de auga, tinta invisible, hologramas e microimpresión, que acreditan a súa autenticidade.
O billete de 50 euros correspondente á segunda serie, coñecida como "Europa", foi anunciado o 5 de xullo de 2016,[4] e entrou en circulación o 4 de abril de 2017.[5]