Brasil

Modelo:Xeografía políticaBrasil
República Federativa do Brasil (pt) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoHimno do Brasil Editar o valor en Wikidata

Lema«Ordem e Progresso» Editar o valor en Wikidata
EpónimoPau brasil Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 14°S 53°O / -14, -53
CapitalBrasilia (1960–) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Acre
Alagoas
Amapá Editar o valor en Wikidata../... 27+
Poboación
Poboación203.062.512 (2022) Editar o valor en Wikidata (23,85 hab./km²)
Lingua oficiallingua portuguesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie8.515.767 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico, Amazonas, Río Paraná e Río São Francisco Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPico da Neblina (2.994 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 7 de setembro de 1822Imperio do Brasil Editar o valor en Wikidata
Evento clave
7 de setembro de 1822Independência do Brasil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Santo padrónNossa Senhora da Conceição Aparecida (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública federal
democracia representativa
presidencialismo Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoverno Federal do Brasil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataLuiz Inácio Lula da Silva (2023–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCongreso Nacional do Brasil , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupremo Tribunal Federal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal1.649.622.972.159 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaReal brasileiro Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.br (mul) Traducir Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+55 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia190 (en) Traducir, 192 (pt) Traducir, 193 e 188 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Código de paísBR Editar o valor en Wikidata

Páxina webgov.br Editar o valor en Wikidata
Twitter: govbrazil BNE: XX4575422 Editar o valor en Wikidata

O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país conta con 5.570 municipios[1] e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie a metade do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 213 317 639 (2021), así como en territorio. Porén, presenta un dos máis baixos índices de densidade de poboación. A súa capital é a cidade de Brasilia, a cal substituíu a Río de Xaneiro en 1960. Antes da cidade fluminense a primeira capital do país fora Salvador.

O Brasil comparte fronteiras con tódolos países suramericanos exceptuando Chile e Ecuador. Así, ao norte limita con Colombia, Venezuela, a Güiana, Suriname e a Güiana Francesa, ao sur coa Arxentina, o Uruguai e Paraguai e ao oeste con Bolivia e o Perú. Ao leste, durante 7.491 km, o país está bañado polas augas do océano Atlántico. Ademais do territorio continental, o Brasil posúe grandes grupos de illas no Atlántico, por exemplo o Arquipélago de San Pedro e San Paulo, Atol das Rocas, Fernando de Noronha, territorio especial do estado de Pernambuco, e Trindade e Martim Vaz en Espírito Santo. Conta tamén cun complexo de pequenas illas e corais chamado Atol das Rocas, que pertence ao estado de Río Grande do Norte.

Habitado orixinariamente polos amerindios, o Brasil converteuse nunha colonia do Reino de Portugal tralo seu descubrimento da man de Pedro Álvares Cabral no ano 1500 e o Tratado de Tordesillas. No ano 1815, foi elevado á categoría de Reino, aínda que xa perdera os seus lazos coloniais varios anos antes, en 1808, despois da invasión portuguesa de Napoleón. O país obtivo a súa completa independencia o 7 de setembro de 1822, constituíndose como un estado unitario gobernado baixo unha monarquía constitucional e un sistema parlamentario. Anos despois, en 1889, un golpe de estado militar proclamou a República. A súa última Constitución, formulada en 1988, define ao país como unha república federal.

Climaticamente é un país tropical, xa que se atopa sobre a liña ecuatorial, abarcando partes tanto no hemisferio sur como no hemisferio norte, con todo as estacións climáticas non se senten dun xeito radical. Parte do seu territorio está cuberto pola selva tropical amazónica, que con 3,6 millóns de km² é a máis grande do mundo. Grazas a todo isto é o país con máis especies de animais distintas no mundo. Demograficamente, a maior parte da súa poboación concéntrase ao longo do litoral, mentres o interior está marcado por enormes baleiros demográficos. A nivel lingüístico, o Brasil é o único país de lingua portuguesa do continente, aínda que tamén son faladas outras moitas linguas. A relixión con máis seguidores é o catolicismo, sendo o país con maior número de católicos nominais do mundo. A sociedade brasileira é unha das máis multiétnicas do planeta, formada por descendentes de europeos, indíxenas, africanos e asiáticos.

A economía brasileira é a maior de América Latina e do hemisferio Sur, así como a sétima maior do mundo polo seu Produto Interior Bruto nominal e por paridade de poder adquisitivo. É ademais unha das principais economías con máis rápido crecemento económico. O país é membro da Organización das Nacións Unidas (ONU), da que é membro fundador, G20, Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP), Unión Latina, Organización dos Estados Americanos (OEA), Organización dos Estados Iberoamericanos (OEI), Mercado Común do Sur (Mercosur) e da Unión de Nacións Suramericanas (Unasur), ademais de ser un dos países BRICS, xunto coa China, a India, Rusia e Suráfrica.

  1. "Com 5 novos municípios, Brasil agora tem 5.570 cidades". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2016. Consultado o 25 de marzo de 2016. 

Developed by StudentB