Bringing It All Back Home

Bringing It All Back Home
Álbum de Bob Dylan
Publicado27 de marzo de 1965
Gravaciónxaneiro de 1965
Estudio(s)Columbia Recording Studios
Duración47:23
Xénero(s)rock, folk, folk rock, blues rock
Selo(s)Columbia Records
Producido porTom Wilson
Cronoloxía
Another Side of Bob Dylan Bringing It All Back Home Highway 61 Revisited

Bringing It All Back Home é o quinto álbum de estudio do conpositor e vocalista estadounidense Bob Dylan, editado o 27 de marzo de 1965 a través do selo Columbia Records. O disco está dividido nunca cara eléctrica e outra acústica. Na primeira cara do LP orixinal, Dylan está acompañado dunha banda de rock and roll eléctrico, un movemento que o afastou dos seus antigos colegas da comunidade folk. Ademais, no lado acústico do disco, distanciouse da cancións protesta coa que era identificado, e as súas letras continuaron a súa tendencia cara ao abstracto e o persoal.

O álbum acadou o número 6 na lista Billboard's Pop Albums, sendo o primeiro disco de Dylan en entrar no top 10 estadounidense. No Reino Unido chegaría ao número 1. O sinxelo principal, "Subterranean Homesick Blues", converteríase no primeiro do artista en entrar nas listas dos Estados Unidos, chegando ao posto 39.


Developed by StudentB