British Airways | ||
---|---|---|
IATA BA | OACI BAW SHT | Indicativo SPEEDBIRD SHUTTLE |
Fundación | 31 de marzo de 1974 | |
Alianza | Oneworld | |
Frota | 256 | |
Páxina web: http://www.britishairways.com/ |
British Airways é a aeroliña máis grande do Reino Unido e de Europa. É, polo tanto, unha das maiores do mundo, co maior número de voos entre Europa e Norteamérica. Formouse no ano 1974 como resultado da fusión entre a aeroliña estatal British Overseas Airways Corporation (BOAC) e a British European Airways (BEA). Ten a súa sede en Waterside, preto do seu principal centro de operacións no aeroporto de Heathrow.
Despois de case trinta anos como compañçia estatal, foi vendida en febreiro de 1987 como parte dun plan de privatización do goberno conservador. A aeroliña expandiuse ao pouco tempo coa adquisición de British Caledonian en 1987 e Dan-Air en 1992.
O 12 de novembro do 2009 British Airways confirmou que acadara un acordo preliminar para fusionarse con Iberia. A fusión entre as dúas compañía crearía a terceira maior aeroliña do mundo en termos de ingresos anuais, sendo tamén o segundo maior grupo de Europa. A fusión confirmouse o 8 de abril do 2010, e o 14 de xullo a Comisión Europea aprobou a unión segundo a lei de competencia, permitindo tamén que American Airlines co-operase coa nova entidade en rutas transatlánticas cara aos Estados Unidos. A fusión entre British Airways e Iberia completouse o 21 de xaneiro do 2011, creando formalmente o International Airlines Group, IAG.