British European Airways

British European Airways
IATA
BE
OACI
BEA
Indicativo
BEALINE
Fundación1 de xaneiro de 1946
Inicio das operacións31 de marzo de 1974
Aeroporto principalRAF Northolt (ata 1954)
Londres-Heathrow
DestinosEuropa, norte de África, Oriente Medio

British European Airways (BEA), formalmente British European Airways Corporation, foi unha aeroliña británica que existiu dende 1946 ata 1974.

BEA operou rutas cara Europa, norte de África e Oriente Medio dende aeroportos de todo o Reino Unido.[1] A aeroliña tamén foi o operador británico máis grande, servindo as principais cidades do país, como Londres, Manchester, Glasgow, Edimburgo e Belfast, ademais de áreas das Illas Británicas como as Highlands e as illas de Escocia, as Illas da Canle e a Illa de Man.[2] BEA tamén operou unha rede de rutas internas en Alemaña entre Berlín occidental e Alemaña occidental como parte dos acordos da guerra fría que regulaban a viaxe aérea dentro do país.[3] O eslogan da compañía era "Número un en Europa".

Formada como unha división de British Overseas Airways Corporation (BOAC) o 1 de xaneiro de 1946, BEA converteuse nunha empresa estatal propia o 1 de agosto de 1946.[4]

As súas operacións comezaron dende os aeroportos de Croydon e Northolt, con avións de Havilland DH89A Dragon Rapide e Douglas DC-3.[4]

Tras establecer a súa principal base de operacións en Northolt,[4] BEA operou o seu primeiro servizo dende Heathrow en abril de 1950; a finais de 1954 todas as operación de Northolt movéronse para Heathrow, que permaneceu como principal aeroporto da aeroliña ata a súa fusión con BOAC en 1974.[5]

Durante o ano 1952, BEA transportou ao seu pasaxeiro 1 millón,[5] e a principios dos anos 60 converteuse na quinta aeroliña occidental máis grande, sendo a primeira fóra dos Estados Unidos.[6]

En 1950 BEA operou o primeiro servizo comercial cun avión de turbinas co prototipo do Vickers Viscount 630, nun voo dende Londres a París.[7] A aeroliña entrou na era dos reactores en 1960 co de Havilland DH106 Comet 4B.[8] O 1 de abril de 1964 comverteuse na primeira compañía en operar o DH121 Trident; o 10 de xuño de 1965 un Trident 1C de BEA realizou a primeira aterraxe automática do mundo durante un servizo comercial regular.[9]

Durante a meirande parte da súa existencia, BEA tivo a súa sede no edificio BEAline House en Ruislip, no distrito londiniense de Hillingdon.[10]

BEA deixou de existir como unha entidade legar independente o 1 de abril de 1974 cando foi efectiva a súa fusión con BOAC para formar British Airways. Porén, o seu nome foi revivido por British Airways de 1991 a 2008 cando cambiou o nome dunha filial, British Airways Tour Operations Limited a British European Airways Limited.

  1. Classic Aircraft (Gone but not forgotten ... BEA), Vol. 45, No. 6, pp. 44/5, 49 (Jet equipment), Ian Allan Publishing, Hersham, xuño de 2012
  2. Classic Aircraft (Gone but not forgotten ... BEA: Highlands and Islands – Never on a Sunday), Vol. 45, No. 6, p. 46, Ian Allan Publishing, Hersham, xuño de 2012
  3. Classic Aircraft (Gone but not forgotten ... BEA: Internal German Services – Berlin-bound), Vol. 45, No. 6, p. 51, Ian Allan Publishing, Hersham, xuño de 2012
  4. 4,0 4,1 4,2 Classic Aircraft (Gone but not forgotten ... BEA: Post-war pioneers), Vol. 45, No. 6, p. 45, Ian Allan Publishing, Hersham, xuño de 2012
  5. 5,0 5,1 Classic Aircraft (Gone but not forgotten ... BEA means business), Vol. 45, No. 6, p. 47, Ian Allan Publishing, Hersham, xuño de 2012
  6. Classic Aircraft (Gone but not forgotten ... BEA), Vol. 45, No. 6, pp. 45, 49 (Jet equipment), Ian Allan Publishing, Hersham, xuño de 2012
  7. Classic Aircraft (Gone but not forgotten ... BEA means business), Vol. 45, No. 6, p. 48, Ian Allan Publishing, Hersham, xuño de 2012
  8. Classic Aircraft (Gone but not forgotten ... BEA: Jet equipment), Vol. 45, No. 6, p. 48, Ian Allan Publishing, Hersham, xuño de 2012
  9. Classic Aircraft (Gone but not forgotten ... BEA: Jet equipment), Vol. 45, No. 6, pp. 50/1, Ian Allan Publishing, Hersham, xuño de 2012
  10. "World Airline Directory". Flight International. 28 de setembro de 1967. p. 529. Arquivado do orixinal o 13 de novembro de 2012. Consultado o 11 de febreiro de 2022.

Developed by StudentB