Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Marco Xunio Bruto (en latín: Marcus Iunius Brutus), nado contra o 85 a.C. e finado o 23 de outubro do 42 a.C., foi un orador,[1] político e militar romano da etapa final da República. Foi un dos líderes, e o máis famoso, dos conspiradores que planearon e executaron o asasinato de Xulio César nos idos de marzo do -44. Non debe ser confundido con Décimo Xunio Bruto, outro parente da familia dos Brutos que tamén participou no complot.